Medalla da Royal Numismatic Society

Medalla da Royal Numismatic Society

Emblema da
Royal Numismatic Society
Outorgada pola Royal Numismatic Society
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Persoas dedicadas á investigación en numismática.
Outorgada por Papel salientable na investigación.
Descrición - Medalla de prata de 115 mm.
- Motivo: Heracles e León de Nemea.
Estadísticas
Establecida 1883
Primeira outorgada 1883 (Charles Roach Smith)
Última outorgada Concesión anual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

A medalla da Royal Numismatic Society (en inglés: Medal of the Royal Numismatic Society) é un galardón anual outorgado pola Royal Numismatic Society, radicada en Londres, a partir do ano 1883, que supón un dos máis altos recoñecementos que un numismático pode recibir a nivel mundial. A presidencia e o Consello que rexen a Sociedade outorgan a medalla "a título individual a quen se distinga polos servizos prestados á ciencia numismática".[1]

Nos anos máis recentes o medallista foi convidado para recibir a medalla en persoa e pronunciar unha conferencia, coincidindo habitualmente coa Xunta Xeral Anual que a Royal Numismatic Society celebra cada mes de decembro.

O gravador John Evans foi o autor dos cuños da medalla de prata orixinal da Sociedade en 1883. Posteriormente, o deseño da medalla foille encargado a Ian Rank-Broadley en 1993; tratábase dunha medalla de prata fundida co motivo clásico de Heracles e o León de Nemea.[2]

A medalla deseñada por Rank-Broadley estivo vixente ata 2021, cando se esgotou a tiraxe cuñada no seu día coa súa entrega a François de Callataÿ. A partir de 2022, a compañía Thomas Fattorini, de Birmingham, produce unha nova medalla deseñada por Robert Elderton, que amosa no seu anverso unha cuncha cunha medalla no seu interior, e no reverso un polbo con presas de moedas nos seus tentáculos, como motivos principais.[3]

  1. "Bylaws of the Society". Royal Numismatic Society.
  2. "Royal Numismatic Society Medal". En Ian Rank-Broadley Sculpture.
  3. Bland, Roger. (2022). "New Royal Numismatic Society Medal". En Coins Weekly. 19 de maio.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search